Skip to main content

Congreso

III Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista'

09.23.2020-09.25.2020 | 16.00h-19.45h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Colaboran o departamento de Historia da USC, o Centro de História da Sociedade e da Cultura da Universidade de Coímbra, os grupos de investigación da USC 'Románicas' e 'Historia medieval: sociedade e territorio', o Arquivo-Catedral de Santiago de Compostela e o portal Medievalitis

Imaxe do cartel da xornada
Imaxe do cartel da xornada

Baixo o lema “E fazian fondamentos”, inspirado en versos alfonsinos e coma metáfora da traxectoria do evento (que "fundamenta" o seu crecemento), chega o III Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista', este ano de forma telemática dada a situación pola COVID-19.

O encontro contará con 37 comunicantes reunidos desde España, Suíza, Francia, Portugal, Italia, Reino Unido e México, vinculados a máis de vinte institucións académicas. As comunicacións repartiranse en 10 mesas, cada unha dedicada a un tema específico dos estudos medievais e con un marcado carácter interdisciplinar (filoloxía, historia, historia da arte, arquivos e humanidades dixitais).

Alén diso, están previstas tres ponencias a cargo de recoñecidos especialistas. A ponencia inaugural será a cargo de Dolores Barral Rivadulla, que falará sobre a indumentaria medieval. A seguir, os días 24 e 25 de setembro, Mariña Arbor Aldea e Israel Sanmartín Barros analizarán, respectivamente, os resultados do proxecto Lírica e a relación entre historia e ficción na novela histórica sobre a Idade Media. O programa conta tamén cunha visita virtual á Catedral de Santiago de Compostela e ao seu Arquivo-Biblioteca o día 24 de setembro.

Así como na edición anterior, tamén este ano o Congreso quere seguir mantendo a súa vocación formativa para o estudantado que desexe mellorar o seu coñecemento sobre aqueles aspectos vinculados á Idade Media que se irán tratar. Por esta razón, esta actividade conta cun crédito ECTS recoñecido en Historia e Arte. A inscrición para os asistentes estará aberta até o día 22 de Setembro. A asistencia formalizarase tamén coa entrega dun certificado oficial.

Os comunicantes e asistentes para o crédito, así como os oíntes que desexen asistir ao encontro virtual, dispoñen de instruccións de acceso á aula de Microsoft Teams na páxina principal da web do congreso.
 

The contents of this page were updated on 09.21.2020.