A sesión, incluída na programación cultural promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, comezará ás 21.00 horas
A filóloga e dramaturga Carmen Conde presenta este xoves, a partir das 21.00 horas, o monólogo ‘Tanto conta, conta tanto’, unha intervención creativa cunha duración aproximada dunha hora incluída nas Burbullas creativas promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
O espectáculo, de asistencia libre e de balde, ten o aforo limitado a un máximo de 30 persoas. O público interesado poderá retirar os convites este mércores, en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo.