Skip to main content

Unha xornada monográfica analiza este mércores na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a situación dos ecosistemas ante o cambio climático

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
O sesión comeza ás 10.00 horas no salón de actos do centro universitario lugués e inclúe a presentación do proxecto Infraestrutura Verde para a adaptación da ordenación territorial ao cambio...

A Ecola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC acollerá este mércores 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no salón de actos, a xornada Ecosistemas contra o Cambio Climático, unha sesión aberta ao público interesado que servirá de escenario para a presentación do proxecto ‘Infraestrutura Verde para a Adaptación da Ordenación Territorial ao Cambio Climático’ (Inverclima), promovido pola USC co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da Fundación Biodiversidad. O obxectivo do proxecto Inverclima non é outro que o de mellorar a planificación territorial da infraestrutura verde co fin de contribuír á mitigación e adaptación ao cambio climático.

A xornada, que se desenvolverá en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, contará coa participación da directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Mª Cruz Ferreira, que expoñerá a Estratexia Galega de Cambio Climático; a subdirectora de Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, María Gil, que presentará os contidos da nova lei de ordenación do territorio de Galicia relacionados coa infraestrutura verde; o Xefe de Área de Espacios Naturais Protexidos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que explicará a Estratexia Estatal de Infraestrutura Verde; e Pedro Calaza, Decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos e doutor en Arquitectura da Paisaxe, que falará do vínculo entre a infraestrutura verde e o cambio climático.

A xornada incluirá tamén actividades participativas nas que o público asistente debaterá cos relatores, responderá a un cuestionario interactivo e participará nun exercicio práctico de deseño de infraestrutura verde.

The contents of this page were updated on 12.05.2019.