Skip to main content

XII Xornadas de formación e IV Xornadas internacionais de educación, xénero e igualdade

'Violencia contra as mulleres e coidado en tempo de crise da COVID-19'

10.15.2020 | 09.30h-21.00h

En liña

Esta actividade faise no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero co Concello de Santiago de Compostela e a USC

Cartel do seminario
Cartel do seminario

A violencia contra as mulleres é unha problemática relevante das sociedades actuais mais, en tempos de pandemia, o confinamento da poboación en España parece ter unhas consecuencias especialmente negativas en canto a esta cuestión.

As XII Xornadas de formación e IV Xornadas internacionais de educación, xénero e igualdade, baixo o título 'Violencia contra as mulleres e coidado en tempo de crise da COVID-19', están enfocadas cara unha formación específica e científica neste tema mediante a realización de diferentes actividades que requiren, á vez que permiten, a participación activa do público. 

A celebración das xornadas terá lugar o 15 de outubro, de 9.30 horas a 21.00 horas e será online. Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
 

The contents of this page were updated on 10.14.2020.