Skip to main content

Conferencia

'A construción da memoria persoal e colectiva', impartida por Onésimo Juncos-Rabadán e Juan Carlos Rodríguez Bernárdez

10.21.2020 | 19.30h

Esta conferencia forma parte do ciclo 'Rostros de ausencia. Conferencias sobre a enfermidade de Alzheimer no contexto galego'

Cartel das conferencias 'Rostros de ausencia'
Cartel das conferencias 'Rostros de ausencia'

'A construción da memoria persoal e colectiva', impartida por Onésimo Juncos-Rabadán, investigador e profesor da USC; e Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente de FAGAL, é o primeiro faladoiro do ciclo 'Rostros de ausencia. Conferencias sobre a enfermidade de Alzheimer no contexto galego'. 

Esta iniciativa forma parte da exposición ‘Rostros de ausencia’, de Beatriz S. Saá, que está aberta ao público na Igrexa da Universidade ata o 27 de outubro, en horario de luns a sábado, de 17.00 a 20.30 horas. A mostra está composta por vinte obras interdisciplinarias que abranguen pintura, escultura e instalación, e seguen a liña de traballo dunha investigación académica sobre o alzhéimer da propia artista.

Na conferencia, que terá lugar na Igrexa da Universidade o 21 de outubro, tamén están presentes Beatriz Suárez Saá e Alberto Carton, comisario da exposición. 

Segundo o protocolo COVID-19, no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir á conferencia deberán reservar praza enviando un correo a area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es), indicando o seu nome, apelidos e teléfono, a partir dunha semana antes da conferencia ata o mesmo día ás 12.00 horas.

The contents of this page were updated on 10.15.2020.