Skip to main content

Ciclo en liña 'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia'

Física cuántica e astronomía co músico Javier Ruibal

10.27.2020 | 20.00h

Videoconferencia en YouTube

O encontro, moderado polo profesor José Edelstein, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)

Cartel da xornada
Cartel da xornada

O cantautor e guitarrista Javier Ruibal participará o martes 27 de outubro ás 20.00 horas no cuarto diálogo virtual do ciclo organizado polo IGFAE, que poderá seguirse en directo a través da súa canle de YouTube. Ruibal foi recoñecido coa Medalla de Andalucía das Artes 2007, o Premio Nacional das Músicas Actuais 2017, e o Premio Goya 2020 á mellor canción orixinal.

'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia' é un ciclo en liña iniciativa do IGFAE da USC e a Xunta de Galicia, que ten o obxectivo de explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do eido cultural e artístico, para o que traerá nos próximos meses a figuras coas que se explorarán as interseccións entre a física, a ciencia e a cultura, así como outras reflexións cun enfoque interdisciplinar. 

Este proxecto insérese dentro do programa ArtLAB do IGFAE, que pretende tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas. Súmase así a 'Cosmoloxías', unha exposición de obras cartográficas inspiradas no Universo da artista Irene Dubrovsky, celebrada en marzo de 2019; e á conferencia 'Física en concerto coas artes' da física teórica Ágnes Mócsy, impartida durante a II Semana da Ciencia do IGFAE en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea.

The contents of this page were updated on 10.20.2020.