Skip to main content

'Mulleres creativas'

Coloquio sobre como vivir e convivir coa creación artística, da man de Marga Portomeñe

26/10/2020 - 20.30 horas

Lugo
Casa do Saber

A polifacética artística Marga Portomeñe ofrece na Casa do Saber unha charla coloquio sobre a súa vivencia creadora e creativa, ao abeiro da programación do Lugo Cultural

Marga Portomeñe, no seu taller de creación de monicreques
Marga Portomeñe, no seu taller de creación de monicreques

A artista e artesá Marga Portomeñe guiará este luns, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha charla coloquio sobre a súa experiencia vital como creadora e creativa artística.

Na súa intervención, que se encadra na programación do ciclo 'Mulleres creativas' organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, Portomeñe relatará o percorrido que completou para decantarse pola súa actual actividade profesional.

A actriz , directora, pedagoga e artesá do teatro adentrará ao público no mundo da reconstrucción dos cabezudos que fixo para varias concellos cunha pequena demostración.

As persoas interesadas en asistir como público a esta sesión poden facelo de xeito gratuíto sempre e cando formalicen a súa solicitude previa a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). O aforo é limitado.

 
The contents of this page were updated on 10.23.2020.