Skip to main content

Martín Blanco Prego, do IES Puga Ramón da Coruña, gaña o concurso de vídeos ‘Cambio climático e nós’

Carátula do vídeo gañador do concurso 'Cambio climático e nós'
Carátula do vídeo gañador do concurso 'Cambio climático e nós'
Leilía Rey Traba, do IES do Sar, de Santiago, acadou o segundo premio do certame convocado pola Facultade de Ciencias o Servizo de Normalización Lingüística da USC
Lugo

Os estudante do IES Puga Ramón da Coruña Martín Blanco Prego, vén de gañar o concurso de vídeos convocado pola Facultade de Ciencias do Campus de Lugo xunto co Servizo de Normalización Lingüística da USC ‘Cambio climático e nós’, unha iniciativa a través da que a USC busca implicar á comunidade estudantil na procura de alternativas innovadoras e creativas para loitar contra os efectos do cambio climático. A proposta audiovisual presentada ao certame por Leilía Rey Traba, alumna do IES do Sar, de Santiago, acadou o segundo galardón.

O tribunal encargado de fallar este certame audiovisual impulsado tamén co obxectivo de sensibilizar sobre a ameaza que representa o cambio climático, ademais de motivar á poboación máis nova para avanzar cara os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), acordou tamén distinguir co segundo galardón a proposta creativa presentada por Leilía Rey Traba, alumna do IES do Sar de Compostela.

O gañador do certame, Martín Blanco Prego, recibirá un premio en metálico de 500 euros polo vídeo ‘Querido fillo’, mentres que Leilía Rey Traba terá como obsequio unha gratificación de 250 euros por ‘Un novo camiño’. As dúas propostas audiovisuais galardoados destacan non só pola súa calidade técnica e artística, senón tamén por favorecer unha reflexión profunda sobre os efectos derivados do cambio climático e sobre os hábitos pouco sustentables que aínda persisten na sociedade, segundo comentou o decano da Facultade de Ciencias da USC e presidente do xurado do concurso, Francisco Fraga.

Unha vez resolta esta primeira convocatoria do certame ‘Cambio climático e nós’ e logo de dar conta do fallo do xurado aos participantes gañadores, os organizadores do concurso acordaron suspender a celebración da cerimonia de entrega dos galardóns por mor da actual situación sanitaria derivada da pandemia provocado pola COVID-19

The contents of this page were updated on 10.30.2020.