11.10.2020 | 20.00h
O encontro é para todos os públicos e nun formato completamente virtual

Afondar en que se descobre coas ondas gravitacionais e que achados depararán no futuro os detectores espaciais planeados é a finalidade da conferencia ‘A que soa o Universo?’ da exvoceira de LIGO, Gabriela González, presentada polo físico, divulgador e youtuber Javier Santaolalla.
Esta actividade forma parte da III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, polo que se retransmitirá en directo pola canle de Youtube do IGFAE.