Skip to main content

Ciclo cultural 'Proxecto Lorca'

Relatorio 'Os poemas galegos de Lorca: entre Lugo e Compostela'

11.19.2020 | 20.30h

Casa do Saber

Iniciativa promovida pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Campus Terra en lembranza da primeira visita realizada por García Lorca a Galicia en 1916

Cartel do evento
Cartel do evento

O relatorio ‘Os poemas galegos de Lorca: entre Lugo e Compostela’, a cargo de Henrique Alvarellos, editor, escritor e autor de Federico García Lorca en Santiago de Compostela (2020), servirá de punto de partida, un século despois, das viaxes de Lorca a Galicia.

Para reservar a túa praza debes enviar un correo a cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es) a partir do venres anterior a cada evento, facilitando o teu nome completo, DNI e teléfono. As reservas recibirán confirmación e todos os eventos serán retransmitidos por streaming.

O ciclo cultural 'Proxecto Lorca' é unha viaxe arredor da figura e da pegada que deixou García Lorca en Galicia, tanto a través da súa escrita como tamén da súa vida cultural no primeiro terzo do século XX.

The contents of this page were updated on 11.18.2020.