Estas sesións son froito da colaboración entre o Grupo de Investigación Terceira Xeración da USC (TeXe), a Campaña Mundial pola Educación e Solidariedade Internacional de Galicia

O relatorio 'A educación en tempos de pandemia. Novos retos, vellos problemas' indagará sobre as consecuencias da situación de emerxencia sanitaria nos sistemas educativos, no relativo a cambios, aprendizaxes e fendas.
As VI Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global pretenden xerar espazos de diálogo e reflexión sobre as consecuencias e oportunidades da pandemia no ámbito da educación, xerar compromiso coa construción dunha cidadanía activa, crítica e solidaria; e dar a coñecer entre alumnado e docentes o traballo das entidades sociais galegas.
Por primeira vez, a celebración destas xornadas desenvolverase en formato virtual. A inscrición pode realizarse a través desta ligazón.