Skip to main content

Vodas de ouro da Enxeñaría Agrícola en Galicia

A primeira promoción de peritos agrícolas da USC deixa a súa pegada no Recanto da Saudade

21/11/2020 - 12.00 horas

Lugo
Recanto da Saudade

A vicerreitora Montserrat Valcárcel participa este sábado, ás 12.00 horas, no acto organizado pola EPS de Enxeñaría e Alumni-USC no Recanto da Saudade do Campus de Lugo co gallo desta efeméride

Alumnado da primeira promoción de Enxeñaría Técnica Agrícola da USC
Alumnado da primeira promoción de Enxeñaría Técnica Agrícola da USC

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC conmemora este sábado as vodas de ouro da primeira promoción da titulación en Enxeñaría Técnica Agrícola formada en Galicia, no marco dun acto promovido xunto coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni) e que, entre outras actuacións, servirá para que aquel grupo de pioneiros, convertidos hoxe en xa veteranos enxeñeiros e enxeñeiras técnicas agrícolas, deixen a súa pegada no Recanto da Saudade do Campus de Lugo, un monólito situado nun dos accesos ao Campus de Lugo no que se colocará unha placa conmemorativa.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, participará neste emotivo acto, que comezará ás 12.00 horas e no que os seus promotores agardan a presencia de enxeñeiros homenaxeados, así como doutros colegas de profesión e dos colexios profesionais, ademais de representantes académicos e responsables políticos.

A alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; a subdirectora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Rosa Romero; o vicepresidente de Alumni-USC, Carlos Herrero; a xefa provincial da Consellería de Medio Rural, Olga Iglesias; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez Marey, o enxeñeiro David Prieto, que intervirá en representación do alumnado da primeira promoción, que contaba con 44 estudantes, e José Ramón Molinero Senovilla, que actuará como portavoz do cadro docente, ademais dun representante da Deputación de Lugo son algunhas das autoridades que participarán neste acto conmemorativo.

 

The contents of this page were updated on 11.20.2020.