Skip to main content

Teatro

'Malas Palabras', de Perla Szuchmacher, a cargo da compañía 'Katarsis Educación'

12.20.2020 | 19.00h

Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

A duración aproximada da función será de 55 minutos

Imaxe da representación
Imaxe da representación

'Malas Palabras', de Perla Szuchmacher, é a historia de Flor, unha autora que nos conta desde o seu escritorio como descubriu o segredo mellor gardado polos seus pais: a súa adopción. Cando tiña 9 anos, a Flor e ao seu amigo o Pelos encantáballes buscar 'malas palabras' no dicionario, e esa curiosidade levou a Flor a coñecer a súa historia.

A compañía de teatro infantil 'Katarsis Educación' será a responsable desta representación, que terá lugar na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

Para asistir debes dirixirte a area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es) indicando o teu nome e apelidos e un teléfono de contacto. Recibida a confirmación, deberás retirar o billete de entrada ás 18.30 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño o día da función.

As entradas non retiradas á esa hora pasarán a disposición das persoas que acudisen á sala na procura de entrada, que poderán achegarse entre 18.35 horas e 18.50 horas á sala a solicitalas, de darse o caso.

The contents of this page were updated on 12.15.2020.