Skip to main content

Xornadas en liña

Ecosistemas contra o cambio climático

01.26.2021 | 09.45h

O Laboratorio do Territorio da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC organiza un foro participativo sobre a infraestrutura verde e a adaptación da ordenación do territorio ao cambio climático

No contexto deste proxecto, o LaboraTE da USC pretende avanzar na progresiva incorporación da opinión pública na futura planificación da Infraestrutura Verde
No contexto deste proxecto, o LaboraTE da USC pretende avanzar na progresiva incorporación da opinión pública na futura planificación da Infraestrutura Verde

Esta iniciativa nace ao abeiro do programa Inverclima, un proxecto de I+D impulsado pola USC co apoio Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade, a través do que se pretende mellorar a planificación territorial da infraestrutura verde para contribuír á mitigación e á adaptación ao cambio climático.

The contents of this page were updated on 12.30.2020.