Skip to main content

Cultura

Reapertura da exposición conmemorativa 'Afonso X e Galicia'

02.23.2021 | 17.00h

Neste 2021 conmemórase o 800 aniversario do nacemento de Afonso X, rei de Castela, León e Galicia (1221-1284)

Cartel do evento
Cartel do evento

O proxecto expositivo do Consello da Cultura Galega e a USC 'Afonso X e Galicia', comisariado polo profesor de Estudos Medievais da USC Antoni Rossell, reabre as súas portas na Igrexa da Universidade, e poderá visitarse ata o 24 de abril.

Dada a situación actual, a mostra tamén pode visitarse en liña a través dun vídeo guiado polo seu comisario.  O audiovisual ofrece un percorrido polo espazo expositivo que emprega documentos, testemuños arqueolóxicos literarios e musicais para achegarse ao pasado medieval galego e á figura do monarca.

A exposición persegue presentar a figura real de Afonso X de xeito obxectivo: os seus avatares políticos, o seu labor cultural e a súa relación con Galicia, a súa cultura e a súa historia. Deste modo, trátase dunha peregrinaxe múltiple: vida, obra e presenza na nosa terra.
 

The contents of this page were updated on 02.23.2021.