01.15.2021 | 17.00h
Este evento forma parta da axenda de 'Marzo, Mes das Matemáticas'

A conferencia 'Al Teorema de Pitágoras no le gusta la curvatura', impartida por María Elena Vázquez Abal e dirixida a todos os públicos, afonda nos mundos matemáticos bidimensionais e explora o concepto das superficies. Qué significa a curvatura neses mundos, como podemos medila ou como medimos distancias son algunhas das preguntas que responderá a docente de Xeometría e Topoloxía da USC.
María Elena Vázquez Abal investiga sobre curvatura en xeometría diferencial e dirixe un grupo da comisión de Mulleres e Matemáticas da RSME.
Esta actividade forma parte da axenda da iniciativa divulgativa 'Marzo, Mes das Matemáticas'.