Organizan a Oficina de Igualdade de Xénero da USC e Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal)

A VI Xornada Mulleres na ciencia: 'Dimensión de xénero en Horizonte Europa' é un acto conmemorativo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. O formulario de inscrición está dispoñible nesta ligazón.
No evento partiparán Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC; Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia; e Ana López Díaz, presidenta de AMIT-Gal.
A mesa redonda contará coas expertas Lina Gálvez Muñoz, eurodiputada, vicepresidenta da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía e socia de AMIT; Elena Domínguez Cañas, vicepresidenta de Relacións Internacionais do CSIC; e Lorena Fernández Álvarez, directora de Identidade Dixital da Universidade de Deusto e membro do grupo experto da Comisión Europea 'Gendered Innovations'. A moderadora será Alba Alonso Álvarez, profesora da USC e socia de AMIT-Gal.