03.10.2021-03.12.2021 | 16.00h
Este evento está organizado no marco do proxecto CULTURFIL da USC e en colaboración co Consello da Cultura Galega

O simposio 'Promoción cultural nas feiras internacionais do libro' inclúe diversas conferencias, presentacións e mesas redondas que serán transmitidas a través da sede virtual e da canle de YouTube do Consello da Cultura Galega.
O encontro reunirá a investigadores e profesionais de prestixio que presentarán diferentes perspectivas de traballo relacionadas cos estudos da Cultura, con especial atención ás feiras do libro. Consulta o programa completo nesta ligazón.