A compañía de teatro que dirixe Fernando Dacosta reflexiona nesta obra sobre a post-verdade, intelixencia e pensamento crítico

A Aula de Teatro Universitaria de Ourense ‘Maricastaña’, presenta este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire, a obra ‘Imperator’, unha peza con dramaturxia, escenografía e dirección de Fernando Dacosta, no marco do XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo.
A representación teatral que desta volta trae á capital luguesa a formación universitaria ourensá reflexiona sobre a falta de referentes e guías no mundo da post-verdade, no que as persoas están absortas. A intelixencia e a necesidade de pensamento crítico son outras das cuestións que tratan nesta escenografía os actores e actrices que integran o elenco da compañía Maricastaña.
As persoas interesadas en poder asistir como público poden solicitar de balde xa as entradas, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). Os aforos de cada función estarán determinados pola normativa sociosanitaria vixente e a reserva de entradas poderá facerse vía telemática ata as 12.00 horas do día de cada función e tamén na entrada do auditorio.