Salón de Actos
Dirixido a tódolos estudantes da ETSE. Especialmente dirixido (pero non exclusivamente) ós alumnos do Máster en Enxeñaría Ambiental, Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos e Grao en Enxeñaría Química.
Organizador: Francisco Omil Prieto (Dpto. Enxeñaría Química, USC)
Criterios de selección: orde de inscrición (en caso de que se superen as prazas, terían preferencia os alumnos do Grao en Enxeñaría Química).
No máximo de alumnos: 75
Datas
-
26 Xaneiro 10-12 h. José R. Vázquez Padín (FCC AQUALIA)
-
28 Xaneiro 10-12 h. José Antonio del Rey Martín (VIAQUA, Grupo Suez)
- 3 Febreiro 10-12 h. Iván Seijo Maroño (IDOM)
Descrición
-
Curso de seminarios impartidos por profesionais de longa experiencia no mundo da administración e a grande empresa de tratamento de augas.
-
Consta de 6 h presenciais e 19 h de traballo persoal, cun tamaño total de 1 ECTS (25 horas en total).
3 Ponencias impartidas por profesionais da empresa:
-
D. José Ramón Vázquez Padín (Dpto. Innovación y Tecnología FCC AQUALIA) ”Explotación de plantas de tratamento e innovación: perspectiva do grupo AQUALIA”
-
D. José Antonio del Rey Martín (Director de Operacións de VIAQUA)
”A experiencia de Suez - VIAQUA na explotación de plantas de tratamento de augas” -
D. Iván Seijo Maroño (Enxeñeiro Area de Medio Ambiente – IDOM)
”O ciclo económico do auga e experiencias e retos no tratamento de efluentes industriais”
Avaliación (so para os alumnos de GREQ)
Avaliarase mediante a realización dun traballo curto (máx. 10 páxs.) ou unha presentación (máx. 5 min) sobre calquera dos aspectos tratados nas exposicións.
Lugar de inscrición
Enviar correo electrónico (indicando a referencia “Tratamento de augas”) a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso, (ata o martes 12 de xaneiro ás 9 horas). Confirmarase a admisión por correo electrónico.
“Actividade recoñecida dentro da Aula Profesional ETSE(*) para estudantes de EQ con 8 horas” (*) Actividade 2008/148, RR de 16 de setembro de 2008.