Skip to main content

Conversas cunha estraña

02.18.2021 | 16.00h-18.00h

Online (Plataforma ZOOM)

Dirixido a estudantes de Grao en Enxeñaría Química (preferentemente 3º e 4º), Máster en Enxeñaría Ambiental e Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos.

Ponente: Pilar Casals, Educadora social e socia-fundadora de INTHEMOVE, consultora especializada en sostenibilidade e responsabilidade corporativa 

Criterios de selección: orden de inscrición e estar cursando a materia “Xestión e Tratamento de Augas”

Nº máximo de alumnos: 40 

Obxectivos

A competencia transversal 11 capacidade de comunicarse con expertos doutras áreas é o foco desta actividade, tomando como vehículo de conversación a xestión e tratamento da auga (materia optativa de 3o grao) e no marco dos ODS, con énfase no 6 (auga limpa e saneamento), mais non quedan excluídos o 11 (cidades e comunidades sostibles) e 12 (produción e consumo sostibles).

Contidos

A dinámica consistirá nunha charla participativa sobre os temas mencionados na que a través dun rol-play o grupo terá a oportunidade de experimentar as diversas visións destas temáticas e así comprender mellor os intereses da totalidade de axentes que están implicados directa ou indirectamente na consecución destes obxectivos.

A estrutura comezará cunha pequena introdución da ponente, seguida dunha breve dinámica rompexeos para marcar a atmosfera participativa. Seguidamente definiranse os roles e comezarase o diálogo participativo/rol-play. Unha vez finalizado este, pecharanse cunhas conclusións comúns sobre os aspectos máis impactantes e as leccións aprendidas na actividade.

Avaliación (so para os alumnos de GREQ)

Avaliarase a asistencia e participación.

Lugar de inscrición

Enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso, (ata o venres 12 de febreiro de 2021 ás 14 horas) Confirmarase a admisión por correo electrónico.

The contents of this page were updated on 04.13.2021.