A compañía da Universidade de León que dirixe Javier R. de la Varga recupera nesta obra escrita por Verónica Serrada a figura dunha Juana de Arco contemporánea

A compañía Teatro El Mayal, da Universidade de León, representará o luns 19 de abril, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire, a obra ‘Sweet Jane’, baseada nos textos escritos por Verónica Serrada e con dramaturxia, escenografía e dirección de Javier R. de la Varga, no marco do XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo.
As persoas interesadas en poder asistir como público poden solicitar de balde xa as entradas, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). Os aforos de cada función estarán determinados pola normativa sociosanitaria vixente e a reserva de entradas poderá facerse vía telemática ata as 12.00 horas do día de cada función e tamén na entrada do auditorio.