Evento organizado pola Área de Orientación Laboral e Emprego da USC

O vindeiro mércores 28 de abril, de 10.00 a 11.00 horas, terá lugar unha charla informativa online sobre a plataforma de emprego da USC e o seu funcionamento, co obxectivo de coñecela mellor e ter un aproveitamento máis óptimo das súas funcionalidades.
Esta sesión será impartida por Pablo García Colomer, University Account Manager para España e Portugal de Jobteaser, empresa propietaria da plataforma.
Ademais de proporcionar información sobre os seus contidos e consellos de navegación, dará resposta a cuestións relacionadas coa plataforma de emprego da USC. A sesión é virtual a través de Microsoft Teams.
Para máis información, podes contactar coa AOL no correo orientacion.laboral.santiago [at] usc.es (orientacion[dot]laboral[dot]santiago[at]usc[dot]es) ou no teléfono 881 812 851.