04.28.2021 | 17.00h
Evento organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC

A conferencia 'Percepción por parte de adolescentes da prostitución e violencia sexual contra as mulleres. Un estudo diagnóstico', será impartida por Rita Radl Philipp, investigadora principal, en colaboración con Begoña Gómez Vázquez, membro do equipo de investigación.
O evento, que é o terceiro do ciclo 'Pacto de Estado contra a violencia de xénero', contará con Jorge García Marín como moderador, e terá lugar en liña a través da seguinte ligazón.