Skip to main content

Universidade de Verán 2021

'Cambio global e seguridade humana'

06.23.2021

Salón de Actos

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Dereitos humanos. Fonte: Pixabay
Dereitos humanos. Fonte: Pixabay

O obxectivo deste curso da Universidade de Verán é achegar coñecemento interdisciplinar sobre os cambios ambientais e as implicacións para as sociedades pasadas e a actual. Poñerase especial atención á comprensión do papel das actividades humanas e aos aspectos relacionados cos impactos dos cambios globais nos dereitos humanos.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 15 horas lectivas, abrangue do 23 ao 25 de xuño.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) cun crédito ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 65 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 11 de xuño, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

The contents of this page were updated on 05.07.2021.