Skip to main content

Universidade de Verán 2021

'A prestación de servizos sanitarios ante os retos do s.XXI (8ª edición)'

08.31.2021

Salón de Actos

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Termómetro e pílulas. Fonte: Pîxabay
Termómetro e pílulas. Fonte: Pîxabay

Este curso da Universidade de Verán ofrece unha visión multidisciplinar da prestación de servizos médico-sanitarios, combinando a análise académica con, dunha parte, a perspectiva práctica de profesionais da saúde, do dereito e doutras disciplinas, e doutra, coa perspectiva institucional de entidades públicas e privadas do sector. En definitiva, propón un debate plural sobre temas actuais, controvertidos e polémicos no ámbito socio-sanitario. 

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 28 horas lectivas, abrangue do 31 de agosto ao 3 de setembro.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 90 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 25 de agosto, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

The contents of this page were updated on 05.11.2021.