Skip to main content

Seminario científico

'III Xornadas Mulleres na Historia: Mulleres e Xustiza I'

05.21.2021 | 09.00h-20.00h

Organizado polos proxectos 'Orden, conflito e resistencias no Noroeste peninsular ibérico na Idade Moderna' e RESISTANCE: Rebellion and Resistance in the Iberian Empire, 16th-19th centuries'

Cartel da xornada
Cartel da xornada

O evento 'III Xornadas Mulleres na Historia: Mulleres e Xustiza I', que versará sobre mulleres e as súas relacións coas institucións de xustiza en todos os seus niveis, así como os representantes da lei, está coordinado por Ofelia Rey Castelao, Ana María Sixto Barcia e María Jesús Souto Blanco, da Universidade de Santiago de Compostela.

Terá lugar en formato presencial, previa reserva de praza no enderezo a.rodriguez.lemos [at] usc.es (a[dot]rodriguez[dot]lemos[at]usc[dot]es), e ata completar un aforo de 40 persoas. 

Esta actividade está recoñecida para os estudantes do programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC con dez horas lectivas. Entregarase certificado de asistencia participando totalidade do seminario, tamén para estudantes de Grao e Máster de calquera universidade.

 

The contents of this page were updated on 05.19.2021.