Skip to main content

Convocadas as axudas para financiar investigacións sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións

As tres axudas ofertadas convócanse ao abeiro da Cátedra institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia. Imaxe de arquivo. FOTO: Santi Alvite
As tres axudas ofertadas convócanse ao abeiro da Cátedra institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia. Imaxe de arquivo. FOTO: Santi Alvite
O período de execución dos proxectos será o comprendido entre o 1 de setembro e o 30 de novembro de 2021
Santiago de Compostela

A USC acaba de convocar a cuarta edición das axudas dirixidas a financiar proxectos de investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións. As solicitudes presentaranse a través do rexistro electrónico da USC e dirixiranse á Vicerreitoría de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade. O período de execución dos proxectos será o comprendido entre o 1 de setembro e o 30 de novembro de 2021.  As tres axudas ofertadas convócanse ao abeiro da Cátedra institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia.

As axudas poderán financiar ata a totalidade dos custos marxinais do proxecto de investigación e poderán utilizase para financiar gastos derivados directamente da execución do mesmo como son a adquisición de pequenos equipamentos científico-técnicos, material bibliográfico, funxible, axudas de custo e locomoción, pagamento a outras entidades pola utilización de servizos necesarios para a investigación, gastos asociados á publicación científica ou a adquisición de material informático.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da USC.

The contents of this page were updated on 05.24.2021.