Skip to main content

Presentación de estudo

'Dende o Pedroso ao Monte San Marcos: Caracterización da paisaxe e percepción da veciñanza, propiedades e visitantes sobre os seus posibles usos'

06.04.2021 | 18.30h-20.00h

Casa da Cultura de Bertamiráns

Acto conmemorativo da USC polo Día Internacional do Medio Ambiente

Imaxe de arquivo
Imaxe de arquivo

Estudantes do Máster en Estudos de Literatura e Cultura e da Erasmus Mundus Crossways in Humanities e do Grao de Paisaxe realizaron o traballo de campo 'Dende o Pedroso ao Monte San Marcos: Caracterización da paisaxe e percepción da veciñanza, propiedades e visitantes sobre os seus posibles usos'.

O territorio a estudar foi o espazo comprendido entre o Monte Pedroso, en Santiago de Compostela, e o Monte San Marcos, Ames. Para levar a cabo a análise empregáronse indicadores de Ecoloxía da Paisaxe que caracterizan o espazo seguindo as formas, superficies e relacións espaciais entre as distintas cubertas e usos vexetais do territorio.

Trátase dun traballo de relación entre as persoas e o espazo natural, patrimonial e cultural a protexer, delimitado en cooperación con estudantes de Ecoloxía, para ofrecer unha visión integral.

The contents of this page were updated on 06.04.2021.