06.11.2021 | 10.00h
Concurso convocado pola SGAPEIO

A elección dos traballos gañadores do XI Concurso Estatístico 'Incubadora de Sondaxes e Experimentos', e a correspondente entrega de galardóns terá lugar o día 11 de xuño ás 10.00 horas na Facultade de Matemáticas.
Os sete traballos finalistas serán presentados ante o xurado e despois da deliberación do mesmo darase a coñecer o nome dos traballos gañadores, que serán os que representarán a Galicia na XI Fase Nacional do Concurso tipo 'Incubadora de Sondeos y Experimentos'.
O concurso nesta edición conta coa colaboración da Facultade de Matemáticas e o Instituto de Matemáticas da USC, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade o Instituto Galego de Estatística e Gadis.