06.17.2021 | 16.00h-16.30h
Evento organizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Facultade de Dereito da USC

O seminario 'Restricións de dereito en tempos da pandemia da COVID-19' terá lugar o vindeiro 17 de xuño no Salón de graos da Facultade de Dereito da USC.
Nel abordaranse a conferencia 'A xurisdición contencioso administrativa en tempos de pandemia' e as mesas redondas 'Son consctitucionais as restricións de dereitos fundamentais sen a declaración dun estado de alarma?' e 'A reforma do recurso de casación. Unha garantía axeitada fronte as posibles medidas sanitarias restritivas de dereitos fundamentais?'.
A inscrición, que pode formalizarse no enderezo zderdeca [at] usc.es (zderdeca[at]usc[dot]es), ten como límite o vindeiro 15 de xuño.