Skip to main content

Festival de Artes Escénicas 'USCénica' 2021

Conferencia 'Reaccións entre luz, espazo e son', a cargo de Baltasar Patiño

06.29.2021 | 20.00h

Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren este festival, cuxa recadación será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Imaxe de arquivo. Foto: Santi Alvite
Imaxe de arquivo. Foto: Santi Alvite

A conferencia 'Reaccións entre luz, espazo e son', a cargo de Baltasar Patiño, terá lugar o martes 29 de xuño. Baltasar Patiño foi seleccionado para representar a España como iluminador e escenógrafo na PQ Cuadriennale de Praga 07, e recibiu numerosos Premios María Casares e tamén o premio á mellor iluminación de Compostela Teatro.

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.

The contents of this page were updated on 06.28.2021.