A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

A vibrante enerxía da era do swing mestúrase coa elegancia en The Swinging Flamingos, que buscan trasladar a un pequeno formato a esencia das grandes Big Bands americanas.
Disto encárganse Antonio Otero ao saxo tenor e voz, e Alex Salgueiro ao órgano Hammond e Chus Pazos na Batería, tres músicos do máis solicitado do panorama galego que darán o concerto do vindeiro día 29, ás 22.00 horas.
Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.