07.06.2021 | 12.00h
Evento organizado polo CiQUS

O profesor Luis Liz Marzñan, director científico de CIC biomaGUNE, impartirá a conferencia de clausura do curso 2020/2021 do Máster ChemBio & Mat da USC, titulada 'Colloidal BioNanoPlasmonics'.
As persoas interesadas en asistir deben rexistrarse aquí.
Este evento enmárcase dentro das 'Actividades formativas tuteladas' e é obrigatorio para todos os alumnos matriculados no Máster. Ademais, toda a comunidade está convidada a unirse.