07.03.2021
A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras: intriga, corrupción, asasinatos e unha fuxida inesperada é o que ofrece 'STRPTS', a cargo da compañía Cinema Sticado, un colectivo multidisciplinar de artistas que fai espectáculos de teatro visual e cine ao vivo.
Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.