Docencia, investigación e transferencia, eixos da primeira reunión entre o reitor e o delegado do Goberno

O reitor Antonio López e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantiveron este venres, no Colexio San Xerome, o primeiro encontro oficial dende que o delegado tomou posesión do seu cargo no pasado mes de abril. A reunión de traballo serviu para abordar diferentes cuestións en materia de docencia, investigación e transferencia de coñecemento.
Durante a xuntanza, reitor e delegado analizaron as oportunidades que abre o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para a Universidade, concretamente a través de dúas políticas panca centradas na modernización da educación superior e na progresión da ciencia. “Sei que a USC ten capacidade e potencial académico e investigador suficiente para ser referente nas dúas. Xa o demostrou nestes últimos anos, cando captou case 20 millóns do Goberno de euros no capítulo de investigación”, apuntou José Miñones. A primeira política panca busca modernizar a formación e a mobilidade do seu capital humano e as súas infraestruturas. A segunda o que persegue e garantir que a ciencia e o coñecemento das universidades cheguen á sociedade.
No capítulo dedicado a docencia, afondaron en como o programa estatal de bolsas chegou a 1.400 alumnos e alumnas máis que o curso anterior, o que significa que un de cada tres matriculados nos diferentes niveis da USC accederá a unha axuda pública para estadía e taxas académicas.