Skip to main content

O reitor recibe este mércores a directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, recibe este mércores 31 no seu despacho de San Xerome a directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, Lucía Cerón Hernández. Na visita, ás 9.00 horas, estará acompañada da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

A USC e o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades desenvolveron conxuntamente o Programa Innovatia 8.3 co obxectivo de fomentar o espírito empresarial das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico, ademais da creación dun modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e no proceso de creación de empresas de base tecnolóxica (Spin-off).

Na xuntanza deste mércores ultimarán os detalles do convenio que en breve asinarán as dúas institucións para a implantación na totalidade das universidades de España do Programa INNOVATIA 8.3. O obxectivo é conseguir a inclusión da perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento, así como a promoción da creación por mulleres de empresas de base tecnolóxica desde as universidades.

The contents of this page were updated on 01.30.2018.