Skip to main content

Proxecto europeo MSCA ITN MENELAOSᴺᵀ

Escola de Verán 'MENELAOSᴺᵀ Midterm Summer School (MSS) 2021'

09.20.2021 | 09.00h

Presencial/ En liña

Evento organizado polo CiTIUS

Rede Europea de Formación de Doutores MENELAOSᴺᵀ
Rede Europea de Formación de Doutores MENELAOSᴺᵀ

O CiTIUS acolle o encontro MENELAOSᴺᵀ Midterm Summer School (MSS) 2021, un evento organizado polo centro de investigación da USC que se celebrará en formato mixto (presencial-online) no marco da Rede Europea de Formación de Doutores MENELAOSᴺᵀ, un proxecto, no que o CiTIUS participa como socio e está financiado polo prestixioso programa ‘Horizonte 2020’ ao abeiro dunha axuda MSCA (‘Marie Curie Action Marie Skłodowska-Curie Action’).

A Escola de Veránn, celebrada integramente en inglés, conta cun programa de presentacións e relatorios que ilustrarán os últimos avances e desenvolvementos do proxecto MENELAOSᴺᵀ, centrado no campo da fusión de datos multimodais e multisensoriais.

Todas as sesións desenvolveranse entre o 20 de setembro e o 24 de setembro de 2021, unha semana de posta en común na que se abordarán distintas áreas de traballo, como os novos paradigmas de detección comprimida (unha técnica de procesamiento para adquirir e reconstruír eficientemente un sinal), o uso de aprendizaxe profunda -Deep Learning- en todos os niveis, o procesamiento dos sinais procedentes de sensores, e a minería de información de alto nivel. A información completa desta Escola de Verán está dispoñible na páxina web oficial de 'MENELAOSᴺᵀMidterm Summer School (MSS) 2021'.

The contents of this page were updated on 09.17.2021.