12.03.2021 | 12.00h
Evento organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC

O vindeiro 3 de decembro Natália Pereira impartirá a conferencia'O panorama associativo do Portugal rural: trajetórias e mecanismos de ação na construção da orgânica corporativa do Estado Novo no Distrito de Braga' na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Os Seminarios de HISTAGRA son un punto de encontro para o debate colectivo entre estudantes, investigadores/as, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas nas liñas de investigación deste grupo e no traballo dos investigadores/as convidados a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.