Esta charla forma parte do ciclo Ciencia no Camiño, organizado pola Fábrica de Luz. Museo da Enerxía de Ponferrada

O vindeiro xoves 30 de setembro terá lugar no Museo de Historia Natural da USC a charla 'A ciencia que constrúe futuro' da man da divulgadora científica Deborah García Belo.
Acompañarana no acto Diego Belo, responsable cultural do Centro Galicia en Ponferrada; Arsenio Terrón, director xeral da Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN); Yasodhara López, directora da Fábrica de Luz. Museo da Enerxía; e Marcos González, director do MHN.
As sesións presenciais, que forman parte do cilco Ciencia no Camiño, contan cunha duración aproximada de 45 minutos e a entrada é gratuíta e libre ata completar aforo en cada unha das localizacións. Poderase seguir en redes sociais coa etiqueta # CienciaEnElCamino