Skip to main content

Campaña solidaria

Entrega de flores como agradecemnto á poboación doadora de órganos

A campaña solidaria en prol da doazón de órganos na USC dá a benvida aos estudantes

Biblioteca Concepción Arenal. Foto: Santi Alvite
Biblioteca Concepción Arenal. Foto: Santi Alvite

O programa solidario Alcer 7 vidas desnevólvese en Compostela a través de accións educativas en centros de ensino, en espazos de encontro da cidadanía, así como a través da divulgación da mensaxe solidaria e altruísta da doazón de órganos en campañas específicas.

Neste caso, o 28 de setembro arranca na Biblioteca Concepción Arenal da USC unha campaña solidaria. Ás 10.00 horas será colocada unha mesa informativa con persoal técnico e voluntario da entidade, onde o alumnado da USC e quen desexe poderá achegarse para recibir información sobre a hábitos de vida saudable e sobre a necesidade de decisión autónomas en vida para poder salvar a vida e mellorar a calidade de vida daquelas persoas que se atopan á espera dun órgano.

Ás 11.00 horas inaugurarase a campaña cunha entrega de flores en agradecemento ás decisións tomada para salvar vidas: Milagros Castro, concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns; Víctor Arce, que ocupa a vicerretoría de Estudante e Proxección Internacional; e Alfredo Saborido, vicepresidente da Asociación Alcer Coruña. Serán repartidos máis de 1000 unidades entre dípticos e carteis en todas as facultades que alberga o Concello de Santiago.

The contents of this page were updated on 09.27.2021.