Skip to main content

Encontro con estudantes beneficiarios de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

30/09/2021 -10.00 horas

Lugo
Facultade de Humanidades

A vicerreitora Montserrat Valcárcel e o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reúnense este xoves, ás 10.00 horas, na Facultade de Humanidades, con universitarios galegos ou descendentes de galegos retornados

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

O Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, ofrecen este xoves, a partir das 10.00 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades, unha recepción ao estudantado universitario que se está a beneficiar das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que cada ano convoca a Xunta de Galicia en aras a favorecer o retorno de estudantes galegos emigrados ou dos seus descendentes.

Este encontro, no que tamén  participarán a Subdirectora Xeral de Retorno, Mª Begoña Solís Domínguez, e Jesús Villadóniga Gómez, xefe do Servizo de Planificación e Xestión de Programas de Retorno, servirá para coñecer as impresións dos emigrantes retornados, ademais de para presentar nun acto público a Asociación da Mocidade Emigrante Retornada a Galicia (Ajerga) e os servizos que ofrece ás persoas interesadas.

 

The contents of this page were updated on 09.29.2021.