Skip to main content

Obradoiro

'Xestión do tempo e do estrés na etapa de tese'

Actividade organziada pola EDIUS e impartido por Susana Rodríguez, profesora titular no Departamento de Psicoloxía da UDC

Estudantes na biblioteca. Foto: Santi Alvite
Estudantes na biblioteca. Foto: Santi Alvite

A Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) da USC organiza unha actividade Formativa de Doutoramento dirixida pola profesora da USC Susana Rodríguez, baixo o título 'Xestión do tempo e do estrés na etapa de tese'.

Neste obradoiro tratarase a xestión de recursos e benestar emocional dos estudantes de doutoramento, incidindo no establecemento de propósitos, planificación de tarefas, xestión de recursos, distribución do tempo, autorregulación emocional ou afrontamento de fracasos, entre outras cuestións.

A actividade celebrarase do 6 ao 20 de outubro da Aula de Formación da EDIUS, e ten un aforo limitado a 12 prazas.

The contents of this page were updated on 10.05.2021.