10.20.2021 | 12.30h
Evento organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

O vindeiro mércores 20 de outubro terá lugar un acto homenaxe ao profesorado de Ciencias Económicas e Empresariais falecido nos dous últimos anos, que estará presidido polo reitor da USC, Antonio López.
Tras unha peza musical e o saúdo do reitor, intervirá profesorado da facultade para falar en homenaxe aos compañeiros e a compañeira falecidos: Xosé L. Quiñoá, Fausto Dopico, Manuel Jordán, José Duro, Salomé Taboada e Luis Caramés, ademais de facer entrega dun recordo aos familiares de cada un deles.
O evento poderá seguirse en liña nesta ligazón.