10.27.2021 | 13.00h
Evento organizado pola USC

O vindeiro mércores 27 de outubro o salón nobre do Colexio de Fonseca acollerá dúas entregas de premios, correspondentes ao VII Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson e á XII edición dos Premios á introdución da perspectiva de xénero.
É preciso confirmar asistencia no correo electrónico oix [at] usc.gal (oix[at]usc[dot]gal). O uso de máscara, hixiene de mans e mantemento da distancia interpersoal de seguridade serán obrigatorios.