10.29.2021 | 19.30h
Evento organizado pola Rede Galabra

O concerto contado 'Travessia', a cargo de Guadi Galego e A Pedreira, é un paseo polas cancións que unen a estas dúas compositoras.
Dende o seu disco Nordestinas e o Conservatorio de Música tradicional e Folque de Lalín (aCentral Forque Santiago), o encontro traza un percorrido por aqueles momentos que constitúen as súas vidas e inspiracións materializadas en composicións conxuntas dende o ano 2006
Este evento forma parte do Congreso Internacional Comunidades Locais e Camiños de Santiago que, baixo o lema ‘Ameazas e alianzas’, pretende afondar no vínculo entre as devanditas comunidades e o fenómeno xacobeo. Podes reservar a túa praza no concerto nesta ligazón.