Skip to main content

Encontro con Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021

22/11/2021 - 20.30 horas

Lugo
Casa do Saber

A profesora e escritora Carmen Blanco acompañará ao autor de ‘Virtudes (e misterios)’ na presentación da obra en galego coa que acaba de gañar este galardón nacional

Portada do libro Virtudes (e misterios)
Portada do libro Virtudes (e misterios)

O escritor e xornalista betanceiro Xesús Fraga, que acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Narrativa por ‘Virtudes (e misteiros’, unha obra escrita en galego que trata da historia dunha familia coruñesa marcada pola migración, presentará este libro o luns 22 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa do Saber de Lugo.

A tamén escritora e profesora na Facultade de Humanidades da USC Carmen Blanco acompañará a Xesús Fraga neste encontro, no marco do que o galardoado autor betanceiro dará conta dalgúns detalles desta obra, así como respecto do seu proceso de creación.

 

The contents of this page were updated on 11.03.2021.