Skip to main content

'Pensar o mundo despois da pandemia. Fluctuat nec mergitur. Homenaxe a Emilia Pardo Bazán'

XVI Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago

18 a 20 de novembro

Salón de Actos e Vestíbulo

Organizado pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) - Sociedade Galega de Estudios Nipóns

XVI Encontros Internacionai de Filosofía no Camiño de Santiago
XVI Encontros Internacionai de Filosofía no Camiño de Santiago

A Facultade de Filosofía da USC acolle do 18 ao 20 de novembro os XVI Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago. Baixo o título 'Pensar o mundo despois da Pandemia. Homenaxe a Emilia Pardo Bazán' o evento reúne figuras internacionais na reflexión sobre as consecuencias da situación derivada pola extensión da Covid-19 no pensamento. 

Ao longo de tres días, investigadoras e investigadores de diversas procedencias explorarán, entre outros temas, os efectos da pandemia na identidade, na dimensión afectiva e a alteridade, o tratamento do coidado na era dixital, a conciencia relixiosa, a perspectiva do corpo seguro, ou a concepción da nova nova normalidade e a homo postpandemia. 

O acto inaugural, programado o 18 de novembro ás 18.15 horas,  contará coa presenza do reitor da USC, Antonio López, e do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. Incluirá a apertura da exposición 'Crónica da pandemia',  do pintor Anxo Chozas, que poderá ser visitada no vestíbulo da facultade até o 10 de decembro. 

A xornada do día 19 procurará fornecer unha 'Visión oriental do mundo' con intervencións de persoal investigador da Universidade de Tenri, en Xapón, a Sociedade Galega de Estudos Nipóns e a USC. No peche da xornada, terá lugar a homenaxe á finada Megumi Shiozawa, Premio Emilia Pardo Bazán 2021 e directiva da SENI (Sociedade Galega de Estudios Nipóns) ate ese ano. 

O día 20 concentrará as conferencias e coloquios en recoñecemento a Emilia Pardo Bazán e incluirá tamén a entrega do III Premio Sapientia. 

Ademais, o congreso gardará lugar para a presentación dos libros, Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofía de la Interpretación (Sindéresis, Madrid 2020) de Marcelino Agís; La luz entre las tinieblas: Agustín de Hipona y Tomás de Aquino (Sindéresis, Madrid 2021), de Rocío Carolo; Caminos del pensamiento japonés;  Filosofía e utopía, de Acílio da Silva.  

 

The contents of this page were updated on 11.09.2021.