Skip to main content

Xornada de divulgación

Habelas, hainas

11.24.2021 | 16.00h

Organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas e o Seminario de Iniciación á Investigación (SII) do centro, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.

Xornadas 'Habelas, hainas'
Xornadas 'Habelas, hainas'

O mércores 24 de novembro, entre as 16 e as 19.00 h, celebrarase na Facultade de Matemáticas 'Habelas, hainas', unha xornada de divulgación que amosará a presenza desta ciencia en todos os ámbitos da vida. Ademais, será unha iniciativa para contribuír a normalizar o uso do galego nas matemáticas neste mes de novembro, en que se celebra a Ciencia en Galego.

Para asistir  presencialmente na Aula Magna (190 prazas) é preciso inscribirse ata o 21 de novembro e tamén é posible seguir a xornada a través de TEAMS. A inscrición (presencial ou virtual) dará acceso a un diploma de asistencia por 4 horas. 

O acceso ás inscricións e a  toda a información sobre 'Habelas, hainas' está  dispoñible na páxina web do evento. 

Serán brevísimas charlas de 20 minutos impartidas por sete investigadores e investigadoras mozas da Facultade, que intentarán presentar dun xeito desenfadado e sinxelo para que se empregan e que son as Matemáticas. Trátase dunha iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas e do Seminario de Iniciación á Investigación (SII) do centro, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.

Ademais, presentarase a edición do discurso de E. Vidal Abascal, quen foi catedrático de Xeometría Diferencial e decano da Facultade.

The contents of this page were updated on 11.22.2021.