Skip to main content

Acordo para o recoñecemento do complemento de produtividade investigadora ao profesorado axudante doutor

Por parte da USC, asinaron o documento o vicerreitor de Profesorado Ernesto González Seoane, e o xerente, Javier Ferreira; e pola representación sindical Pilar Expósito Díaz (CSIF); Xosé Carlos Macía Arce (CIG-Ensino); José A. Rodríguez Añón (CCOO); e Benjamín Rey Sanjurjo (UGT). FOTO: Santi Alvite
Por parte da USC, asinaron o documento o vicerreitor de Profesorado Ernesto González Seoane, e o xerente, Javier Ferreira; e pola representación sindical Pilar Expósito Díaz (CSIF); Xosé Carlos Macía Arce (CIG-Ensino); José A. Rodríguez Añón (CCOO); e Benjamín Rey Sanjurjo (UGT). FOTO: Santi Alvite
A USC e representantes de CSIF, CCOO, CIG e UGT asinaron este martes o acordo que equipara as condicións deste colectivo coas dos resto de persoal docente
Lugo, Santiago de Compostela

A USC e as organizacións sindicais con representación na mesa de negociación de Persoal Docente e Investigador asinaron este martes un acordo para o recoñecemento do complemento de produtividade investigadora (sexenio) ao profesorado axudante doutor na Universidade compostelá. O acordo recoñece o dereito á correspondente avaliación do labor investigador deste colectivo nas mesmas condicións que o persoal docente e investigador con vinculación permanente.

Esta medida atópase en consonancia coas premisas que vertebran o Plan plurianual  de Profesorado 2019-2022 e ao abeiro do cal se teñen adoptado nos últimos anos diversas medidas tanto en materia de dotación de prazas como na mellora das condicións laborais deste colectivo. Como explica o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, o profesorado axudante doutor é un figura de acceso á carreira docente e representa unha figura pola que a USC aposta de forma decidida como vía para propiciar o relevo xeracional e abordar o rexuvenecemento do cadro de persoal docente.

O acordo terá eficacia indefinida e o profesorado interesado concorrerá nas convocatorias que publique a USC para este efectos dende 2021 e en adiante, debendo acreditar os requisitos que nelas se establezan e obtendo unha avaliación positiva por parte do órgano que se designe. Ademais, o persoal ao que se lle recoñeza o complemento de produtividade investigadora, percibirá a contía mensual que se fixe en cada anualidade para o profesorado de corpos docentes correspondente ao nivel 26.

Por parte da USC, asinaron o documento o vicerreitor de Profesorado Ernesto González Seoane, e o xerente, Javier Ferreira; e pola representación sindical Pilar Expósito Díaz (CSIF); Xosé Carlos Macía Arce (CIG-Ensino); José A. Rodríguez Añón (CCOO); e Benjamín Rey Sanjurjo (UGT).

The contents of this page were updated on 11.23.2021.